#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

SEREA TEATRO: Á LUZ DO DÍA NALGÚN LUGAR DO MUNDO A ALGUNHA MULLER

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 90

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 669 971 618 - alvaro@serea.pro

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/file/d/1rwnpXzKNDSo7ayytu6KXPe0gBRLRzvcW/view

  • Sinopsis de la compañia :

    Á luz do día, nalgún lugar do mundo, a algunha muller, será a segunda peza dunha triloxía teatral sobre o maltrato machista. A primeria: Sen lingua falo do maltrato psicolóxico. E a derradeira, a terceira, a que pechará, Un berro na noite, será o terceiro eslabón destas tres historias que en conxunto falan do mesmo: Os berros calados das mulleres engaioladas en relacións tóxicas. Á luz do día, nalgun lugar do mundo a algunha muller tivo a súa pre-estrea o 25 de novembro de 2023 en Sada, para logo realizarse a estrea absoluta o 14 de decembro en Ames, no auditorio de Bertamiráns. Neste 2024 a peza ten programados bolos nos concellos de Fisterra, Caldas (Auditorio e centros de ensino) e Riberia. Serea Teatro tamén se compromete coa sostibilidade ambiental, adoptando medidas como o reciclaxe, a redución e a reutilización en todos os procesos de creación, ensaio e representación, así como na escenografía e vestiario. O seu obxectivo é obter o recoñecemento como Compañía Sostible, demostrando que a arte pode ser unha ferramenta para o cambio tanto social como medioambiental

  • Sinopsis del espectaculo:

    Nunha casiña branca, erguendo a súa porta adornada cunha pincelada de cor lila, nun recanto esquecido do mundo, reside o santuario de Elena, onde a psicoloxía é unha arte e as paredes agardan para seren testemuñas dos segredos máis íntimos. Nun día coma calquera outro, un murmullo telefónico, un eco que se arrastra como a sombra dun soño, Lilith, a mensaxeira das advertencias, chama a Elena. Alértaa sobre a inminente escuridade que a agarda na vindeira sesión. Pero Elena, nun acto de coraxe ou quizais de determinación cega, non se inmuta. Cando a doente, Ledicia, atravesa a entrada, Elena sente o peso da súa presenza como néboa mesta que asoballa a estancia, afogando a luz que antes a inundaba. Desde o primeiro intre, a desconfianza instálase como sombra palpable entre elas. Elena sabe que para mergullarse nos recunchos da mente de Ledicia, deberá lixar as súas ferramentas habituais e adoptar novas estratexias. Así, nun ballet psicolóxico, Elena transformase diante dos ollos da súa doente. Muda en confidente, en amiga, en nai, en xuíz e en vítima, danzando ao compás das demandas de Ledicia. Neste xogo de roles, as regras cambian constantemente, e Elena adáptase, desafiando os límites da súa propia identidade nun intento desesperado por desentrañar os segredos que Ledicia agocha celosamente. Cada palabra é unha nota nesta sinfonía de confesións e redención, onde Elena e Ledicia aférranse mutuamente, navegando polas turbulentas augas da mente humana na procura da paz que só a verdade pode outorgar. Xuntas, enlazadas nun pacto tácito, enfrontan os pecados do pasado, buscando redimirse e atopar a luz na escuridade das súas ialmas atormentadas.

  • Caché con IVA : 2620 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 3146 €

  • Técnica