#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

BAOBAB TEATRO: PUÑO PUÑETE

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : FAMILIAR

  • Duración del espectaculo: 45

  • Persona representante : BAOBAB TEATRO

  • Datos de contacto : 699 783 168 - contacto@baobabteatro.com

  • Página web del grupo : https://baobabteatro.com/gl/pu%C3%B1o-pu%C3%B1ete

  • Sinopsis de la compañia :

    Baobab Teatro somos unha compañía especializada en teatro para público familiar, que nace no 2010 da man de Óscar Ferreira e Andrea Bayer. Temos unha filosofía, crear espectáculos de máxima calidade, apostando por unha forte poética e promocionar a lingua galega. Ao longo destes anos fomos recollendo recoñecementos e premios polos nosos diferentes espectáculos: No 2012 Mención de Honor no III Certamen Literario de “Cuento en corto”, certame internacional de contacontos, polo texto “Dª Margarita y la luna” No 2013 Nomeación aos premios Max na categoría de Mejor autoría teatral gallega polo espectáculo “Fíos” No 2014 Premio “Barriga Verde” polo texto teatral “O lobo e a lúa” No 2015 Premio Mejor espectáculo para público infantil y familiar en la XVIII Feria de Castilla y León” polo espectáculo “Luppo” No 2016 Candidatura aos premios MAX polo guión teatral LUPPO No 2018 Nomeación a Mellor espectáculo Infantil nos XXII Premios María Casares por PUM PUM. No 2021 Nomeación a Mellor espectáculo Infantil nos XXV Premios María Casares por RIS RAS No 2022, Premio “PROVINCIA A ESCENA” na “XXV FERIA TEATRO CASTILLA Y LEÓN- CIUDAD RODRIGO”. (Premio concedido por votación dos programadores/as culturais , co obxectivo de facer un recoñecemento ao MELLOR ESPECTÁCULO INFANTIL E FAMILIAR ). Ademais da concepción, creación e posta en escena de diferentes espectáculos, Baobab teatro dirixe e organiza o Festival das Núbebes de Pontevedra (Festival de teatro para bebés e familia) dende o seu comezo no ano 2012, ata o día de hoxe.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Dende Baobab Teatro cremos na palabra, na música e as cantigas como medio de comunicación dende que nacemos, dende o berce. PUÑO PUÑETE é un espectáculo de música en directo, cantigas, contos e tradición oral e así, partindo de PUÑO PUÑETE, QUE TES POR DENTRO? - PAN E FERMENTO, - PUÑO PUÑETE QUE TES POR FÓRA - PAN E CEBOLA, convidamos aos cativos/as cos seus papás e mamás a descubrir un mundo de sensacións e emocións, o espectáculo está pensado para os máis pequenos/as, a partir de 1-7 anos, Este espectáculo está apoiado cun disco .

  • Caché con IVA : 2290 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2290 €

  • Técnica