#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

SARABELA TEATRO: A cincenta que non quería comer perdices

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar (maiores de 9 anos)

  • Duración del espectaculo: 55

  • Persona representante : SARABELA TEATRO/ CULTURACTIVA

  • Datos de contacto : 629 860 580 - sarabelateatro@yahoo.es

  • Página web del grupo : www.sarabelateatro.com

  • Sinopsis de la compañia :

    Premio da Cultura Galega en 2017 , con máis de 40 anos de actividade ininterrompida, Sarabela, é a compañía de teatro de actor máis veterana de Galicia, está en proceso de cambio e de procura artística constante. Con elencos máis ou menos numerosos nos que se contou con diversos profesionais do teatro galego xunto a membros da compañía, nos últimos anos esa variedade pasou tamén á dirección escénica. Sarabela nace no ano 1980 e ata o 2018 leva 56 montaxes teatrais, tanto para público adulto (na súa maioría) como infantil. Autores como Ionesco, Fernán Gómez, Saramago, Lagarce, Cunqueiro, Rivas, Blanco Amor, Shakespare, Lorca ou Belbel súmanse na traxectoria da compañía a dramaturxias pro-pias como as de Ánxeles Cuña, Fina Calleja, Fernando Dacosta, Begoña Muñoz ou Carlos Couceiro. Ten obtido recoñecementos polos seus traballos entre os que están numerosos María Casares ademais dos Compostela, Fetén, Celestina, Xiria, Abrente ou o Premio da Cultura Galega. Cos seus espectáculos e as súas actividades percorreu Galicia, España e Portugal ademais de ter a-tuado en Francia, Italia ou Marrocos. Ata aquí chegamos e pode que saibamos por onde queremos ir. Os nosos obxectivos: facer un teatro bo, un teatro vivo, arriscado, contemporáneo, coherente; con rigor, autocrítica, responsabilidade, resistencia… Corrixir constantemente, mellorar para anovarnos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Este conto podería comezar dicindo: “Unha vez había unha moza que non estaba soa e unhas perdices que voaban felices”, pero non. Esta historia, escrita por Nunila López Salamero fálanos dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, fálanos de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos saen ras. A cincenta que non quería comer perdices é un conto moderno para nenos/ as que revisa con humor o papel que desempeñou a muller durante moito tempo. É un alegato que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser. Esta peza pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agardando a que lles pidan a man. “A cincenta que non quería comer perdices” fala de temas tan de actualidade como a violencia de xénero, que segue sendo un problema entre os máis novos.

  • Caché con IVA : 2800 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 2950 €

  • Técnica