#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Magia en la Manga: No Nadal toca... maxia!

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar

  • Duración del espectaculo: 60 minutos

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 699 792 388 - info@magiaenlamanga.com

  • Página web del grupo : https://magiaenlamanga.com/gl/

  • Sinopsis de la compañia :

    Magia en la Manga é unha compañía profesional de ilusionismo conformada por tres magos galegos con máis de quince anos de experiencia sobre todo tipo de escenarios en todo o territorio nacional: Óscar Fernández, Sara Rodríguez e Carlos Tomico. Todos eles cun estilo e forma de facer de seu, pero co obxectivo común de difundir e poñer en valor a maxia como arte escénica en pleno dereito. Dende a súa orixe como marca comercial en 2018, o grupo especializouse en espectáculos dirixidos a programacións culturais en diversos formatos para todos os públicos, destacando “A igualdade non ten truco”, “The Best Magic Trick in the World” ou “Ilusións do Camiño”. No 2023, Magia en la Manga dá outro paso na súa traxectoria ao establecerse como sociedade cooperativa e ao converterse na primeira compañía de maxia asociada a Escena Galega, así como coa apertura da primeira escola de maxia de Galicia en Vigo. Na súa traxectoria, o proxecto Magia en la Manga foi recoñecido no Pont-Up Store 2019 como mellor proxecto de emprendemento na categoría de Formación, Educación, Arte e Cultura. Entre as súas colaboracións encóntranse o Museo Centro Gaiás, Xacobeo 2021,, Fundación Ciudad de la Energía, Vigocultura, Salón do Libro de Pontevedra, Vialia Vigo ou Grupo SM, entre moitos outros.

  • Sinopsis del espectaculo:

    NO NADAL TOCA… MAXIA! As festas de Nadal sempre son unha ocasión especial, e poden ser aínda máis máxicas co espectáculo temático de Nadal de Magia en la Manga! Ademais de ser participativo, divertido e moi máxico, o espectáculo dará un toque único á celebración cun fondo de escenario de Nadal e maxia pensada especialmente para estas datas.

  • Caché con IVA : 1270 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1270 €

  • Técnica