#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

TEATRO DE NINGURES: AS GARDIÁS

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : ADULTO

  • Duración del espectaculo: 80

  • Persona representante : NINGURES PRODUCION SL

  • Datos de contacto : 610 106 808 - lilian@amarelo.es

  • Página web del grupo : www.teatrodeningures.com

  • Sinopsis de la compañia :

    Despois de case corenta anos de teatro profesional, Teatro de Ningures (fundada en 1986) reúne unha serie de recursos técnicos, humanos e materiais que fan desta empresa unha das máis estables de Galicia e un punto de encontro indispensable para os profesionais e creadores desta zona, así como unha referencia no panorama teatral galego. Conta cun elenco estable formado polos catro socios fundadores da empresa (Casilda Alfaro, Sonia Rúa, Pepa Barreiro e Salvador do Río), ademais dun amplo número de actores e actrices que de unha forma ininterrompida estiveron traballando nos últimos anos en varias producións teatrais participando nun amplo repertorio que temos en exhibición. PRINCIPAIS LIÑAS DE ACTIVIDADE DA COMPAÑÍA 1.- PRODUCIÓN E DISTRIBUCIÓN DE ESPECTÁCULOS TEATRAIS Podemos considerar que esta é a liña máis importante de actividade, ao longo de toda esta traxectoria leváronse a escena máis de 30 obras de teatro de autores tanto clásicos como contemporáneos, estando presentes nas redes e circuítos de distribución tanto de Galicia como a nivel nacional, en numerosos festivais, mostras e certames en Asturias, Madrid, Castela-León, Euskadi, Valencia, etc… No últimos tres anos, ademais da distribución dos espectáculos Ou Ogrocho e Ou Monte dás Aras, levouse a cabo a produción do macroespectáculo Defensa dá Vila. María Soliña, onde interveñen ademais de actores, bailaríns e músicos profesionais máis de 100 persoas relacionadas coas asociacións culturais da zona. 2.- ACTIVIDADE PEDAGÓXICA Ademais de numerosos cursos de teatro organizados de forma puntual, nos dous últimos anos a actividade docente de Teatro de Ningures céntrase en: ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DE CANGAS, desde o ano 2007 ata a actualidade, máis de 70 alumn@ s por curso divididos en tres disciplinas diferentes: Posta en Escena, Interpretación e Creación , ademais de contar con dous módulos de teatro para a infancia e un módulo de teatro para a mocidade. Un mínimo de catro profesores por cada ano académico. OBRADOIROS DE TEATRO UNIVERSIDADE DE VIGO Desde o ano 1999 Teatro de Ningures vén realizando unha actividade docente para alumn@ s universitari@ s, a través de dous cursos: Iniciación ao Teatro e Posta en Escena, realizando unha estrea dunha obra cada ano co que se vira por varias universidades de ámbito nacional 3.- ORGANIZACIÓN DE MOSTRAS E FESTIVAIS DE TEATRO Co-organización desde a súa fundación no ano 1986 coa Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, nos apartados de Dirección artística, Dirección de Produción e Coordinación. Este evento é un dos máis importantes que se celebran e Galicia e abriu as portas deste mercado a numerosas compañías procedentes de todo o territorio de España ademais da estranxeiro Organización da MITEU, Mostra Internacional de Teatro Universitario de Vigo, este é un evento fortemente arraigado na comunidade universitaria e unha referencia para os grupos de teatro universitarios tanto nacionais como internacionais, por aquí pasaron representantes de universidades dos cinco continentes.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor. TEMÁTICA DA PEZA A peza, As gardiás, reflexiona sobre os coidados á vellez, contrastando o mundo das residencias protexidas co calor humano da familia e a comunidade. O autor, Nasser Djemaï, narra con sensibilidade a resistencia destas "gardiás" contra a inclemente modernidade. A través das vivencias destas mulleres, a peza explora o desexo de vivir e a solidariedade comunitaria, e nos interpela a todas as persoas sobre como, onde e con quen queremos envellecer.

  • Caché con IVA : 4500 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 4500 €

  • Técnica