#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

O baúl da tía Tola: Lixo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Familiar, a partir de 2 anos

  • Duración del espectaculo: 40min

  • Persona representante : Hurlé prods

  • Datos de contacto : 620 564 187 - distribucion.constancehurle@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.obauldatiatola.com/

  • Sinopsis de la compañia :

    A compañía nace no ano 2014 en Vigo coa finalidade de achegar a maxia do teatro ó público máis novo. Neste baúl teñen cabida todos aqueles proxectos que promovan a imaxinación, a ilusión, a alegría e a aprendixaxe a través de diversos estímulos sensoriais e do xogo . Gústanos traballar con diferentes materiais plásticos descubrindo as súas posibilidades escénicas. Nos nosos espectáculos dámoslle protagonismo á creación de ambientes sonoros e imaxes visuais a partir do movemento, da xestualidade e do son.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Sempre a correr chegan Plié e Relevé ao teatro para mostrar a súa gran coreografía. O público xa está preparado para ver a función, a música comeza a soar... pero, para a súa sorpresa, a súa escenografía non está no escenario! En troques desta atopan unha montaña de plásticos. E quen foi a que fixo, esta montaña de lixo? Estará a súa estrutura, debaixo de tanta varredura? Farán un espectáculo fantástico, a partires de todo este plástico? As dúas bailadeiras mergúllanse nun mar de lixo, descubrindo novos xogos e creando mundos extraordinarios nos que deberán crear cultura a partir da varredura. Comunícanse con pareados, móvense con pasos de ballet inventados por elas mesmas e axúdanse das luces para crear diferentes atmosferas ó longo do espectáculo, dando así ritmo e rima á obra. Lixo está creado a partires de material plástico reciclado co que facer escenografías para o xogo, cando estes obxectos poderían ser simples desperdicios. A intencionalidade da obra é facernos ver dunha maneira divertida, os problemas que poden xurdir debidos ó excesivo plástico que empregamos e ó mal uso que facemos del.

  • Caché con IVA : 1500 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1700 €

  • Técnica