#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

INVENTI TEATRO: As palabras perdidas

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 4 anos

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/As%20palabras%20perdidas/

  • Sinopsis de la compañia :

    Inventi teatro son Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que comeza aventura no ano 2017 xunto co actor Paulo Medal. A súa ópera prima "A tropa do doutor Milagre" supón un grande éxito para a compañía acadando máis de 100 representacións en toda Galicia, con presencia en espazos como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. En 2020 a compañía bota a andar o seu espectáculo "A gran viaxe" e a súa nova produción teatral "As palabras perdidas" ten como protagonista a lingua. En 2024 estrean AA libraría máxica". Inventi teatro é unha delirante compañía teatral e de clown que imaxina e constrúe espectáculos de rúa para toda a familia, baseados no humor e ... no movemento! Onde o risco e a diversión están garantidos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”. Fuxiron da historia por falta de uso e só utilizándoas de novo volverán ao conto. As palabras perdidas é unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia. Un espectáculo de teatro versátil que se adapta a interior e exterior.

  • Caché con IVA : 1570 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1570 €

  • Técnica