#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

INVENTI TEATRO: A Libraría máxica

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 2 anos

  • Duración del espectaculo: 50 min.

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/espectaculos/A%20librar%C3%ADa%20m%C3%A1xica/

  • Sinopsis de la compañia :

    Inventi teatro son Bea Campos e Marcos Alonso, un dúo teatral cómico que comeza aventura no ano 2017 xunto co actor Paulo Medal. A súa ópera prima "A tropa do doutor Milagre" supón un grande éxito para a compañía acadando máis de 100 representacións en toda Galicia, con presencia en espazos como o Festival Internacional de Artistas de Rúa de Redondela, a MIT de Ribadavia, ou Itineranta en Pontevedra. En 2020 a compañía bota a andar o seu espectáculo "A gran viaxe" e a súa nova produción teatral "As palabras perdidas" ten como protagonista a lingua. En 2024 estrean AA libraría máxica". Inventi teatro é unha delirante compañía teatral e de clown que imaxina e constrúe espectáculos de rúa para toda a familia, baseados no humor e ... no movemento! Onde o risco e a diversión están garantidos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso ofreceranlle o libro perfecto grazas a súa capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia, unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. O espectáculo é adaptable a todo tipo de espazos escénicos

  • Caché con IVA : 1570 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1570 €

  • Técnica