#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

DESASTRONAUTS: CIRCO EXPRESO 2

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : todos os públicos

  • Duración del espectaculo: 50 minutos

  • Persona representante : COPERACTIVA CULTURAL SL

  • Datos de contacto : 622 434 488 - administracion@coperactiva.org

  • Página web del grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/circo-expreso-2

  • Sinopsis de la compañia :

    Raquel Veganzones e Girisho Gordon, graduados ambos da escola The Circus Space de Londres, formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, e pasan a chamarse Desastronauts en 2009. A súa traxectoria ten levado as súas impresionantes acrobacias por medio mundo: co seu espectáculo Too High estiveron de tour co circo británico Happy's Circus, actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, participaron no Festival de Glastombury e en varios cabarés de circo en Londres. Gordon chegou a participar no espectáculo de apertura das Olimpiadas Asiáticas en Qatar, e Veganzones levou o seu trapecio ata o Caribe ou a India. Entre tanta viaxe, chegou o momento no que o seu traballo os trouxo preto de nós, e, como tanta xente, quedaron. Logo de debutar co espectáculo de rúa Calleret en Santiago de Compostela e en distintas programacións do país, tomaron a capital galega como base, creando alí o show Un día de praia, co que xiran por innumerables teatros e rúas galegas en solitario e en programacións de Culturactiva como Pistactiva e Ruactiva. En 2010 conseguiron unha bolsa da Unión Europea e saiu á luz un novo traballo que dá outro xiro á súa carreira: Losing Grip, unha obra na que a acción ten lugar no aire en todo momento, arriscada, anovadora, orixinal e chea de calidade. Dende entón, continúan impresionando ao público cos seus espectáculos de altura, humorísticos e imaxinativos.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Con máis de 20 anos no mundo do circo, Raquel e Girisho presentan o seu quinto espectáculo de circo contemporáneo. Dous eminentes artistas do circo esfórzanse por demostrar quen é o mellor. Girisho ten confianza, é entusiasta... pero non moi intelixente. Raquel é estrita, metódica e moi hábil. Non se deterán ante nada para gañar a aprobación do seu público. Un espectáculo de circo áxil, divertido e moi habilidoso no que Raquel e Girisho usan trapecio, tela área, hula hoops e... moito máis!

  • Caché con IVA : 1694 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1694 €

  • Técnica