#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Olivas Negras: A historia de Rata o Pirrata

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : familiar

  • Duración del espectaculo: 45 minutos

  • Persona representante : Sonsoles Cordón Troncoso

  • Datos de contacto : 625 383 489 - sonsolescordon@gmail.com

  • Página web del grupo : https://drive.google.com/file/d/1cQmQ1fjpshC44US0D_PcNYnpK69MaCGt/view?usp=drive_link

  • Sinopsis de la compañia :

    Baixo o nome de Olivas Negras, atopamos o tándem de actrices Cecilia Vázquez e Sonsoles Cordón, que acumulan máis de 20 anos de experiencia xuntas e por separado no mundo das artes escénicas: burlesque, cabaret, teatro musical, comedia, teatro infantil, novas dramaturxias, performance, teatro de rúa, danza e música. Marián Bañobre dirixiu o proxecto co cal nace esta compañía e que contou co apoio á creación escénica do AGADIC: 12 uvas, 2 mulleres e 1 oliva, 2020. No 2022, en coprodución con Aporía Escénica levan a cabo o proxecto experimental: A Familia real, o cal recibe tamén o apoio á produción de AGADIC e recibe a mención de espectáculo recomendado por Camiño Escena Norte. No 2023 chega O rapto da Befana. O texto orixinal é de Paula Carballeira e a dirección de Nuria Sanz; enfocado ao público familiar, supón o comezo dunha nova liña de creación na compañía a través da cal achegarnos ao público máis cativo. Esta proposta escénica está pensada para desfrutar dela en familia ou como actividade educativa a través dos centros de ensino, complementada con materiais didácticos, charlas e obradoiros.

  • Sinopsis del espectaculo:

    O público é a tripulación que se embarca nunha emocionante e divertida aventura no espectáculo de teatro infantil "A Historia de Rata o Pirrata". Nesta enérxica representación, seguiranse os pasos de Nazario, un buscavidas coa mirada posta no tesouro, e Rata, un rapaz valente cun soño: ser un auténtico pirata dos mares. Con risas aseguradas e momentos emocionantes, os protagonistas embarcaranse nunha misión para atopar o tesouro do temido pirata Bocachancla; pero ao longo do camiño, descubrirán que o verdadeiro tesouro non se atopa en ouro e xoias, senón na forza da amizade e na aventura compartida. Dirixido a nenos e nenas de todas as idades, "A Historia de Rata o Pirrata" é un espectáculo que cautivará tanto aos máis pequenos como aos adultos. Coa súa combinación de humor, emoción e valores positivos, é a elección perfecta para unha xornada de diversión.

  • Caché con IVA : 990 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1232 €

  • Técnica