#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

Sempre Arriba: C´est pas Possible

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Todo público

  • Duración del espectaculo: 50 minutos

  • Persona representante : Marta Iglesias

  • Datos de contacto : 646 314 995 - marta@semprearriba.com

  • Página web del grupo : https://semprearriba.com/gl/cest-pas-possible/

  • Sinopsis de la compañia :

    Sempre Arriba é a compañía de clown e circo coa que me presento, son Marta Iglesias, clown, artista de circo, directora e formadora. En 2018 inicio a miña andaina en solitario creando e presentando os espectáculos Oda ao Amor (2018), C´est pas Possible (2019) e Hoxe Si! (2023) nos que desfruto empregando o clown como elemento comunicativo combinándoo coa acrobacia aérea. En 2017, fun galardoada co premio a mellor actriz no Festival de Teatro de Mora, coa compañía Immaginario Teatro, e en 2020, o premio do xurado ao mellor espectáculo con Oda ao Amor, no Encuentro de Payasas Mujeres con Narices, en Gran Canaria. Hoxe en día, teño o pracer de representar os meus espectáculos, impartir formacións de clown, dirixir e acompañar como mirada externa en procesos creativos, e colaborar con outras compañías. CV Marta Iglesias http://semprearriba.com/wp-content/uploads/2019/01/cv-marta-iglesias.pdf

  • Sinopsis del espectaculo:

    Por diante un día máis de traballo, e baixo a súa responsabilidade, que todo estea listo para o inicio da función. Afeita a traballar na sombra, a técnica e rigger é a encargada de montar o pórtico de aéreos e preparalo todo para que a Gran Artista brille en escena. Responsable, disciplinada, eficaz e profesional, cada día pon o mellor de si mesma. Pero hoxe a súa rutina vai ser alterada pola mirada do público, espertando o seu lado torpe e fantasioso, levándoa a facer o que cría imposible. C´est pas Possible é un espectáculo en linguaxe clown e con acrobacia aérea, dirixido pola Industrial Teatrera, unha historia de Autosuperación, cunha mensaxe moi coherente nestes tempos, un Si se Pode, un Xuntas Podemos.

  • Caché con IVA : 1320 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1980 €

  • Técnica