#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

COMPAÑÍA HUMANA: IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPER

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : Adulto

  • Duración del espectaculo: 75

  • Persona representante :

  • Datos de contacto : 610 975 158 - companiahumana@gmail.com

  • Página web del grupo : https://www.compañiahumana.com

  • Sinopsis de la compañia :

    A Compañía Humana é unha produtora galega de teatro creada no 2022 por Antela Cid e Fran Peleteiro. As claves da compañía son os espectáculos de corte social dirixidos a público adulto e adolescente, con textos conectados coa nosa realidade e cos mellores talentos da interpretación. O seu nome alude á nosa condición neste mundo cada vez máis dixitalizado onde atoparse é unha necesidade. O teatro é a arte do humano. O encontro entre persoas que se acompañan nun espazo e tempo común para imaxinarse como sociedade. Humana é a nosa condición e Humana é a nosa Compañía.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Iphixenia, unha nini de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía rondando as rúas da súa vila. Unha noite coñece a un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de aquí, unha serie de circunstancias alleas levará á protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar ós deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara a sociedade que a marxina. Unha personalidade magnética, directa, que nos amosa sen filtros e con humor a humanidade que se esconde tralas colas na atención primaria, recorte de camas hospitalarias, ausencia de médicos.. Unha historia de sacrificio, dignidade e esperanza.

  • Caché con IVA : 1895 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1895 €

  • Técnica