A vicepresidenta da Deputación acude á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade

18/09/2024

3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acudiu hoxe á 3ª Edición do Congreso Internacional de Automoción e Mobilidade, o Automob Summit, que tivo lugar na sede da Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías Asociadas de Galicia (Asime) en Vigo. No acto tamén estiveron presentes o presidente de Asime, Justo Sierra, o presidente do Porto de Vigo, Carlos Botana, e a consellería de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana.

O Automob Summit reuniu ás empresas líderes da industria da automoción e a mobilidade e nel debateuse sobre o estado da industria, a mobilidade, a cadea de subministros e temas de actualidade para o sector, como a descarbonización e a irrupción dixital na industria. A vicepresidenta provincial tamén estivo presente na clausura, que contou coa participación do conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; a secretaria de Estado de Industria, Rebeca Torró, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero.