A Deputación de Pontevedra aborda co Concello de Vilanova de Arousa as aliñacións das estradas provinciais ao seu paso polo municipio

12/08/2024

Encontro coa concelleira de Urbanismo e mais a arquitecta municipal de Vilanova de Arousa

Os deputados provinciais de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, e de Acción Comunitaria, Equipamentos Públicos e Areeiro, Javier Tourís, mantiveron un encontro nas instalacións da Deputación coa concelleira de Urbanismo, Nuria Morgade, e mais a arquitecta municipal de Vilanova de Arousa. O obxectivo do encontro foi aclarar dúbidas sobre as aliñacións das estradas provinciais ao seu paso polo municipio, co obxectivo de axilizar os trámites da veciñanza en materia de urbanismo.