Luis López asiste aos actos de celebración do 58 aniversario da Brilat na base General Morillo de Figueirido

07/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este venres aos actos de celebración do quincuaxésimo oitavo aniversario da Brigada Galicia VII-Brilat que tivo lugar na Base General Morillo de Figueirido e estivo presidido polo General de brigada, Alfonso Pardo de Santayana Galbis.

Coa súa participación neste acto, o mandatario provincial amosa o compromiso da Deputación de apoiar e colaborar en todo o que sexa posible coa Brilat, tal e como lle trasladou Luis López ao general Pardo de Santayana e ao coronel Molina nunha recepción oficial no Pazo provincial no pasado mes de abril