A Deputación recibe este domingo 14 de xullo a 140 cativos de 34 concellos da provincia nos campamentos da Lanzada

Durante seis días os pequenos desfrutarán nas instalacións do Grove dun amplo programa con actividades educativas, culturais, deportivas e formativas

18/07/2024

Os campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra reunirán na súa quinta quenda e a partir deste domingo, 21 de xullo, a 140 nenos e nenas de 34 concellos da provincia. Ao longo de seis días, ata o sábado 27 de xullo, os cativos poderán desfrutar do seu tempo de lecer a través de actividades de carácter educativo, cultural, deportivo e formativo. Neste verán e ata o 7 de setembro, serán en total 1.540 menores de 57 concellos da provincia os que participen nas once quendas en que se dividen os campamentos.

Os rapaces que chegarán esta semana ás instalacións que a Deputación ten no Grove (nados entre 2011 e 2016), proceden de Pontevedra (25), Vigo (18), Marín (13), Redondela (9), A Estrada (8), Lalín (7), Ponteareas (7), Valga (5), Catoira (4), Poio (4), O Porriño (4), Baiona (3), O Grove (3), A Guarda (3), Mos (3), Tomiño (3), Cambados (2), Salceda de Caselas (2), Salvaterra de Miño (2), Barro (1), Bueu (1), Caldas de Reis (1), Covelo (1), Cuntis (1), Gondomar (1), Meaño (1), Moaña (1), Moraña (1), Nigrán (1), Pontecesures (1), Portas (1), Soutomaior (1), Vilaboa (1) e Vilanova de Arousa (1).

Os nenos e nenas do campamento poderán desfrutar dun amplo programa de actividades de multiaventura e tempo libre, algunhas delas en lingua inglesa, entre as que se atopan xogos e deportes, actividades na praia, ao aire libre relacionadas co medio natural, artísticas e nocturnas, teatro e contacontos e baile e actividades culturais. Ademais, realizarán un obradoiro para elixir a mascota oficial deste programa provincial e visitarán a Illa de Ons e realizarán unha segunda excursión cultural, deportiva ou relacionada coa natureza e o coidado do medio ambiente.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.