Luis López sinala a Festa da Empanada de Bandeira como unha mostra da riqueza e variedade da provincia como destino turístico ligado á gastronomía

O presidente provincial participou en Silleda na edición número 48 dunha cita gastronómica na que entregou o premio ao mellor cociñeiro profesional

23/08/2024

Festa da Empanada de Bandeira

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado en Silleda na Festa da Empanada de Bandeira, unha das citas gastronómicas de maior tradición da provincia e que este ano celebra a súa edición número 48. O mandatario provincial, ademais de degustar moitas das preparacións, foi un dos encargados de entregar o primeiro premio da categoría profesional, un recoñecemento como o mellor cociñeiro de empanada.

A festa comezou arredor das 14 horas co pregón a cargo do ex xogador de baloncesto Fernando Romay na
Carballeira de Silva da Bandeira. Despois de probar a degustar as diferentes preparacións elaboradas polos participantes da festa e por cociñeiros profesionais, tivo lugar a cerimonia de entrega de premios. Houbo recoñecementos para os participantes do concurso infantil, para a empanada máis orixinal, para a empanada coa mellor masa e para a máis tradicional. Do mesmo xeito, distinguiuse aos tres mellores cociñeiros nas categorías amateur e profesional. Para rematar o acto, tivo lugar unha poxa de empanadas entre o público.

Desde a Deputación de Pontevedra recoñécese a importancia de festas gastronómicas como a la empanada de Bandeira polo seu papel para poñer en valor a cociña tradicional, pero tamén para atraer visitantes de todos os recunchos do país a concellos como o de Silleda e por contribuír a consolidar e enriquecer á provincia de Pontevedra como unha referencia gastronómica de primeira.

Galerias de imagenes