Luis López felicita ao escritor pontevedrés Manel Loureiro pola súa última novela “Cuando la tormenta pase”, coa que gañou o premio Fernando Lara 2024

29/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto co deputado de Cultura, Jorge Cubela; deu os parabéns o escritor pontevedrés Manel Loureiro pola súa última novela “Cuando la tormenta pase”, pola que vén de conseguir o premio Fernando Lara 2024, que concede a editorial Planeta á mellor obra do ano publicada en lingua castelán.

O mandatario provincial amosou o seu interese pola obra e traxectoria do escritor, que conta con grandes éxitos como Apocalipse Z, que pronto será adaptada á pequena pantalla en formato de serie. Así mesmo, Luis López valorou a súa creatividade para ambientar en lugares da provincia moitas das súas novelas, como “Cuando la tormenta pase”, que está ambientada na illa de Ons.