Mulleres en acción. Violencia zero
![](/documents/37861/67375/violencia_zero.jpg/9b99522e-c505-88d5-26e8-8d54b0e498cf?t=1664953089014)
#ViolenciaZero
Mulleres en acción
Violencia zero
Mulleres en acción. Violencia zero é un proxecto de acción artística que se desenvolve, desde o ano 2015, no espazo público co fin de reivindicar a igualdade de xénero, concienciar a poboación do problema da violencia machista e, sobre todo, para tratar de unir forzas para loitar contra esta lacra presente na sociedade.
As actividades funcionan como arma de visibilización e reflexión para promover unha sociedade igualitaria entre mulleres e homes, sen discriminación nin violencia, cos mesmos dereitos e deberes.
![Video](/documents/37861/68561/mulleres_en_accion_carrusel.jpg/a5120fb7-6172-848e-9dde-e419770e0fc8?t=1629269917414)