A vicepresidenta Luisa Sánchez participa no acto de recepción de equipos da Fase Final da XXVII edición do Torneo Internacional sub-12 de Arousa F7

17/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, acaba de participar no acto de recepción de equipos da Fase Final da XXVII edición do Torneo Internacional sub-12 de Arousa Fútbol 7. Trátase, en palabras de Sánchez, do “mellor torneo internacional alevín do mundo, polo que cada ano pasan grandísimos xogadores, de alto nivel, que nuns anos veremos fichando polos principais clubs de fútbol de todo o mundo”. Neste eido, a vicepresidenta provincial recordou que pasaron polo Arousa Fútbol 7 xogadores como Jordi Alba, Mario Suárez, Dani Carvajal, Marc Bartra, Iago Aspas, Gavi, Denis Suárez ou Sergio Asenjo.  Tamén aproveitou a vicepresidenta para amosar a vontade do Goberno provincial de converter á provincia na “maior captadora de grandes eventos deportivos” e “na provincia de moda no mundo do deporte”.