A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste ao torneo de baloncesto “Ciudad de Vigo”, preparatorio para os Xogos Olímpicos de París

23/06/2024

torneo de baloncesto Ciudad de Vigo 2024

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta mañá no Complexo Deportivo das Travesas de Vigo ao partido entre España e China das seleccións femininas de baloncesto. Este partido enmárcase no torneo “Ciudad de Vigo”, que organiza a Federación Española de Baloncesto como preparatorio para os Xogos Olímpicos de París.