A Deputación presenta o calendario competencial de Teresa Domínguez para construír unha sociedade máis xusta

O presidente provincial Luis López, acompañado polo deputado Javier Tourís e a reputada pedagoga, compartiu esta mañá de luns co alumnado do CEIP As Covas, de Meaño, aos que lle presentou o calendario para o vindeiro curso

17/06/2024

Presentación do calendario competencial 2024-2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, compartiu esta mañá de luns co alumnado de Educación Primaria do colexio As Covas de Meaño aos que lle presentou o calendario competencial de Teresa Domínguez que a Deputación de Pontevedra editará para o vindeiro curso 2024-2025. Trátase dunha iniciativa coa que o goberno provincial trata de inculcar valores positivos e hábitos de vida saudable entre a poboación máis nova da provincia.

O calendario, elaborado pola reputada pedagoga en colaboración co departamento de Xuventude da Deputación de Pontevedra, comeza no vindeiro mes de setembro e en cada un dos días do curso inclúe tarefas e consellos para que a mocidade poña en práctica tanto nos centros educativos como no seu fogar. Son deberes variados que van desde axudar nos labores do fogar ata consellos para levar unha alimentación sa ou mesmo a realización de podcasts ou traballos de investigación para erradicar a violencia de xénero, entre outros moitos e variados asuntos.

Con todo, o presidente Luis López, que estivo acompañado polo deputado Javier Tourís e Teresa Domínguez, desexou á rapazada, que está a piques de rematar o curso, que desfruten ao máximo do verán, que gocen de experiencias 100 % Rías Baixas e que volvan ao traballo o vindeiro mes de setembro con forzas renovadas para seguir transformando o mundo.

Galerias de imaxes