A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á conferencia do conselleiro do Mar, Alfonso Villares, organizada polo Círculo de Empresarios

30/05/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu ao almorzo informativo organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia no que participou o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, como invitado especial. A actividade enmarcábase na oitava edición do encontro empresarial “Galicia Market Place, agro-mar alimentario, un sector con valor engadido”, no que se deron cita os principais actores do sector en Galicia.