Luis López destaca a riqueza, calidade e variedade do sector vitivinícola da provincia na Feira do Viño Tinto do Salnés que se celebra en Ribadumia

01/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto cos deputados provinciais Isabel Couselo, Javier Tourís e Marcos Guisasola, participou este sábado en Ribadumia nos actos de celebración da quincuaxésimo primeira edición da Festa do Viño Tinto do Salnés e no tradicional xantar no que se entregou trofeos aos mellores viños da comarca.

O sector vitivinícola é unha das grandes fortalezas da provincia, tanto a nivel económico e de emprego como para o turismo. Por iso, desde a Deputación apoian este tipo de eventos, que atraen a visitantes á provincia, consolidan ás Rías baixas como un territorio produtor de viño de calidade e variado e contribuén a desestacionalizar o turismo.

Galerias de imaxes