A vicepresidenta Luisa Sánchez asiste á fase final do torneo internacional de fútbol base do Coruxo FC na categoría alevín

22/06/2024

Fase final do torneo internacional de fútbol base do Coruxo FC

 

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu esta tarde no Campo de Vao de Vigo á fase final do torneo internacional de fútbol base do Coruxo FC na categoría alevín. A vicepresidenta subliñou a elevada calidade dos alevíns que disputaron o torneo e felicitou á organización pola posta en marcha desta proba deportiva que reúne á base, remarcando a “importante canteira de futbolistas galegos que están a levar moi alto o nome da provincia de Pontevedra”.