Jorge Cubela reúnese coa Asociación Artística e Cultural de Pontevedra e compromete o apoio da Deputación para publicar a revista da entidade “Los Contrastes del Arte”

17/07/2024

O deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Jorge Cubela, mantivo no Pazo provincial unha reunión coa presidenta da Asociación Artística e Cultural de Pontevedra, Carmen Gago, e co seu secretario Jacinto Cajete. Na xuntanza o deputado comprometeu o apoio do organismo provincial para publicar a revista da asociación “Los Contrastes del Arte”, ademais de recordar que está xa a colaborar coa entidade a través do programa da Deputación Culturea.

Cubela aproveitou a ocasión para enxalzar o traballo que a Asociación Artística e Cultural de Pontevedra, con sede no Liceo Casino e integrada por pintores, escultores, poetas, escritores, ceramistas ou fotógrafos, desenvolve a prol da cultura na provincia.