Luis López destaca a importancia de coidar as tradicións coa súa participación nos actos de celebración das festas patronais de San Xoán en Poio

24/06/2024

Celebración das festas patronais de San Xoán en Poio

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este luns nos actos de celebración das festas patronais de San Xoán en Poio. O mandatario provincial tomou parte da recepción oficial no Concello e asistiu despois á tradicional misa e procesión no mosteiro de Poio.

O presidente Luis López, que compartiu a celebración co alcalde de Poio, Ángel Moldes, amosa a importancia que ten para o goberno provincial manter tradicións como as de San Xoán para estreitar os lazos da veciñanza e seguir tendendo pontes co tecido social da provincia

Galerias de imaxes