Luis López participa na Estrada no acto de entrega de medallas ás persoas e agrupacións de Protección Civil

29/06/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este sábado na Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada no acto de entrega das medallas ao mérito e os distintivos de permanencia de Protección Civil correspondentes aos anos 2023 e 2024, cos que a Xunta recoñece o labor de persoas e agrupacións e o seu compromiso co servizo público.

Un traballo que o mandatario provincial tamén quixo valorar e amosar o apoio e vontade de seguir colaborando da Deputación con estes colectivos