![](/documents/37861/77442/regueifas.jpg/b1b9f4b8-0eba-0867-c826-c69c61ae591b?t=1642608887146)
#LINGUA
A Regueifa
A Deputación de Pontevedra colabora coa Asociación Oral de Galicia para impulsar o Certame Provincial de Regueifa, que consta de obradoiros e dunha sesión final.
O obxectivo das sesións formativas é traballar co alumnado as capacidades de improvisación a través da metodoloxía para a controversia tradicional en verso, un antecedente de manifestacións musicais actuais coma o rap. Abórdanse aspectos relacionados con conceptos poéticos, coma a rima, o ritmo ou a métrica, e introdúcense a perspectiva respectuosa e igualitaria, a ironía e o sentido do humor, e a tradición e a cultura oral galegas.
A Asociación Oral de Galicia e a Deputación de Pontevedra xa impulsaron dous volumes teóricos sobre a disciplina da regueifa, coma ‘Repente galego' e ‘Metodoloxía da regueifa' , ambos os dous moi demandados tanto a nivel de público coma de organizacións e profesionais docentes que están a traballar a favor da recuperación desta fórmula de narración oral.