- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Bos Aires, 1976
Guionista, realizadora audiovisual, de podcast e creadora de Eres una caca, serie xusticieira en stop motion.
Aínda que naceu en Bos Aires, despois viaxou a Barcelona, onde desenvolveu a súa carreira como realizadora e animadora de stop motion.
Traballou para axencias e produtoras nacionais e internacionais e gañou multitude de premios. Tamén foi profesora de stop motion en Barcelona e organizou obradoiros itinerantes deste tipo de animación para festivais, escolas e eventos.
En febreiro de 2013 fundou, xunto con Jordi Piulachs, La Academia de Animación, da que é directora e profesora de animación en volume, posprodución e identidade dixital. En 2016 creou, con Jordi Piulachs e Guillem Puig, o Stop Motion Barcelona Short Film Festival, o primeiro e único festival en España dedicado exclusivamente a este tipo de animación.
En 2019 escribiu o libro Eres una caca, guía para entender y desmontar el machismo (Plan B). Lula creou unha gran comunidade que conta con máis de duascentas vinte mil seguidoras e seguidores, e para a que xera contido dixital a diario. Actualmente, é copresentadora dos podcasts No te creas especial y Urracas, ambos en Podimo.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo