- Galego
- español
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo
Redondela, 1989
Logo de realizar prácticas en medios de Vigo, Santiago de Compostela e Pontevedra, comezou a súa traxectoria profesional cun contrato de substitución no Diario de Pontevedra en 2012. Baixa tras baixa, continuou neste xornal ata 2016, cando se incorporou a un gabinete de prensa institucional, que coordinou ata 2019. En setembro dese mesmo ano volveu ás redaccións, e pasou por Faro de Vigo, La Voz de Galicia e, finalmente, en 2021 retornou a Faro de Vigo, medio no que continúa traballando na actualidade. Paralelamente, durante catro anos, tamén foi a encargada de prensa do Festival Nacional de Curtametraxes Redondela en Curto.
En 2023 acadou o primeiro premio de Mulleres que Opinan polo artigo "As voces perdidas", no que reflexiona sobre as dificultades que atopamos as mulleres para escribir e sobre a importancia de dispoñer dunha rede de compañeiras e amigas que nos sosteña.
Fóra do xornalismo, ás veces escribe poesía e en 2018 acadou o primeiro premio nos Premios Provinciais á Xuventude da Deputación de Pontevedra por Anguria, no que aborda a saúde mental, e a finais de 2019 editou o seu primeiro poemario baixo ese mesmo título. En 2020 recibiu o segundo premio no mesmo certame por Estatuas de sal, unha peza sobre a repercusión da pandemia nunha xeración tan castigada e precarizada coma a nosa.
Previamente, en 2014, lograra un segundo premio no certame de microrrelatos Mulleres Progresistas de Vigo, por Dsineb, un texto sobre a crúa realidade das mulleres marroquís e a súa explotación polo sector téxtil.
Subscríbete á nosa newsletter e, semanalmente, enviarémosche información sobre as novidades da Depo