Xornada

Retos das Entidades Locais na Xestión dos Residuos

A finalidade da xornada é dar a coñecer as obrigas, cada vez máis esixentes, que teñen os concellos no ámbito dos residuos municipais, así como os modelos de recollida selectiva cos que se poida avanzar no cumprimento dos obxectivos establecidos na lei para 2025 e 2030.


Entre outras personalidades, a xornada contará con representantes da entidade pública LIPOR da rexión de Grande Porto (Portugal) e do municipio de Pamplona, que nos detallarán as súas experiencias na implantación de modelos de recollida porta a porta e colectores de proximidade pechados.

Esta xornada está destinada a alcaldesas e alcaldes, concelleiras e concelleiras e persoal técnico e profesional da xestión de residuos municipais.

Pazo provincial. Pontevedra

Xoves 14 de decembro de 2023 | 09:30 h

Inscrición

Programa

  • 9:30 h  Recepción de participantes
  • 10:00 h Inauguración
    • Luis López Diéguez, presidente da Deputación de Pontevedra.
    • Carlos Vales Vázquez, director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
  • 10:30 h Os retos da nova normativa de residuos
    • Juan José Pernas García, profesor titular de Dereito Administrativo da Universidade  da Coruña.
  • 11:00 h Situación dos residuos na provincia de Pontevedra
    • María Martínez Abraldes, xefa da Sección de Residuos da Deputación de Pontevedra.
  • 11:20 h Programa de educación, formación e divulgación ambiental: “A xestión dos residuos na provincia de Pontevedra”
    • Susana Soto Fernández, equipo de Educación Ambiental do CEIDA.
  • 11:40 h Rede de infraestruturas para a compostaxe de biorresiduos no modelo Sogama
    • Javier Domínguez Lino, presidente executivo de Sogama.
  • 12:00 h PAUSA
  • 12:30 h Mesa redonda: “Exemplos de boas prácticas na implementación da recollida eficiente de residuos”
    • Vinte anos de tratamento de residuos na LIPOR-Asociación de Municipios para a Xestión Sostible de Residuos do Grande Porto.
    • Sílvia Gomes Costa, concelleira do Medio Ambiente no Municipio de Póvoa de Varzim.
    • Henrique Silva, División de Apoio á Implementación de Proxectos Operacionais, Departamento de Operacións e Loxística da LIPOR.
    • Xestión de residuos na Mancomunidade da Comarca de Pamplona.
    • Ángel Álvarez Orallo, xefe de Recollida de Residuos Urbanos na Mancomunidade da Comarca de Pamplona.
  • 14:00 h  Clausura