#CULTURA

Exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego"

Do 3 ao 28 de xuño

Vestíbulo do Pazo provincial

Inauguración: luns 3 de xuño, ás 10.30 h

Horario de visita: de luns a venres, de 9.00 a 20.00 h 


A Deputación de Pontevedra organiza a exposición “A Galicia inédita. Unha ollada diferente do fotoxornalismo galego”, promovida pola Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) e polo Colectivo Profesional de Fotoxornalistas de Galicia.

Con esta exposición preténdese destacar o traballo de 73 fotoxornalistas galegas e galegos, tanto residentes en Galicia coma no estranxeiro, mediante outras tantas fotografías acompañadas de explicacións literarias elaboradas por xornalistas dos medios de comunicación, entre elas e eles profesionais tamén en activo en Pontevedra e no resto da provincia. A mostra ten como obxectivo poñer en valor o fotoxornalismo e a súa relevancia na crónica da vida diaria en Galicia, ademais de servir como escaparate para presentar escenas representativas e nalgúns casos inéditas da rexión.

Esta mostra inaugurouse na igrexa da Universidade de Santiago de Compostela coa intención de convertela nun proxecto itinerante por toda a comunidade.