#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

BRAIS DAS HORTAS : Consertasso na Horta

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: familiar

  • Duración do espectaculo: 50

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 645 053 589 - ola@charlatana.org

  • Páxina web do grupo : https://www.youtube.com/watch?v=MmLw7jAxXZM

  • Sinopsis da compañia :

    Brais das Hortas é músico, narrador oral e clown. Como músico toca en Blues do País e Sacha na Horta, e colaborou en numerosos proxectos (Ataque Escampe, Sofía Espiñeira...) Como clown e músico participa en dous espectáculos con Peter Punk Pallaso : Concerto PunkInfantil e Peter Punk e o Neno Imperdible. Como narrador oral leva máis dunha década na Tropa de Trapo con Marta Ortiz.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Hoxe na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos - como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

  • Caché con IVE : 800 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 921 €

  • Técnica