#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

De Ste Xeito Producións: Neura, unha comedia neurótico-festiva

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: +12anos

  • Duración do espectaculo: 75min

  • Persoa representante : De Ste Xeito Producións

  • Datos de contacto : 660 147 486 - destexeitoproducciones@gmail.com

  • Páxina web do grupo : www.destexeito.com

  • Sinopsis da compañia :

    En De Ste Xeito reivindicamos o acto creativo e teatral como un valioso instrumento terapéutico, autoanalítico e interpersonal, nun mundo cada vez máis deshumanizado. As nosas propostas interrogan sobre a identidade do individuo, sempre fronte un outra; desde unha dramaturxia propia, resultante do procesos de creacíon colectiva, e adaptada especificamente a cada proposta. As relacións e como nos cambian convértese no noso maior eixo de investigación. A nosalinguaxe escénico pódese tornar máis poética ou humorística segundo as necesidades de cada espectáculo; pero conservando sempre o obxetivo de tocar íntimamente ao espectador, xerando ao tempo pensamento crítico e emoción. A verdade escénica é valor fundamental, xunto co necesario exercicio de introspección que pretende tamén resoar con cada un d@s integrantes do equipo en cada proceso… Para finalmente resoar co público nun facer honesto e próximo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas. Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos. Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s. A mellor terapia: rirnos de nòs mesm@s!

  • Caché con IVE : 2450 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2700 €

  • Técnica