#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

La Macana: VEN

  • Categoría: +DANZA

  • Dirixido a: Todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 15

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 670 279 805 - info@lamacana.es

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1LvZFtnDkXiTLchQHV37KryWpapeDhT5l/view?usp=sharing

  • Sinopsis da compañia :

    La Macana é unha compañía galega de danza, creada en 2009 por Caterina Varela e Alexis Fernández. Ela é bailarina, coreógrafa, produtora e directora de diversos proxectos de promoción das artes performativas e el é un recoñecido bailarín e coreógrafo de orixe cubana. Na súa traxectoria recibiron diferentes premios e os seus traballos gozan dunha boa acollida nos circuítos internacionais, presentándose en máis de trinta países e colaborando con diferentes artistas e teatros europeos. Os que coñecen La Macana agardan unha obra con forte material físico e unha estreita relación co público. A autobiografía é a principal fonte de inspiración.

  • Sinopsis do espectaculo:

    VEN é a primeira coreografía da parella formada por Caterina Varela e Alexis Fernández coa que iniciaron a traxectoria internacional da súa compañía La Macana en 2008 e que continúa de xira dende entón, visitando case 30 países nos últimos 15 anos. Bailado por ambos, este dúo fala do amor en maiúsculas, do equilibrio e das tensións entre dous corpos ao longo de 15 minutos intensos cheos de forza e intimidade.

  • Caché con IVE : 1800 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2100 €

  • Técnica