#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MIGALLAS TEATRO: "O libro máxico"

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Infantil e familiar

  • Duración do espectaculo: 50 minutos

  • Persoa representante : MIGALLAS TEATRO, S.L.

  • Datos de contacto : 618 813 071 - migallas@migallas.gal

  • Páxina web do grupo : https://migallas.gal/o-libro-maxico/

  • Sinopsis da compañia :

    Migallas Teatro realizou desde a súa fundación no ano 1992 máis de 1700 representacións de máis dunha trintena de espectáculos diferentes creados pola propia compañía. Alén disto, coordinou a creación de máis de medio cento de montaxes teatrais con rapaces e rapazas de entre 7 e 18 anos. Gravou os discos “Pan de millo” , “¡Canta connosco!”, “Zaragallada”, e editou o libro “Un avó especial”. Ademais da montaxe de espectáculos teatrais e de contacontos leva a cabo talleres de expresión dramática, plástica e musical a través de concellos, asociacións e colexios de diversos municipios como Pontevedra, Vilaboa, Soutomaior, Tomiño etc. Na cidade de Pontevedra coordinou desde o ano 1998 ata o ano 2020 os obradoiros de expresión dramática, plástica e musical “Á procura do tesouro” que organizaba cada ano o Concello de Pontevedra e polo que pasaron máis de 3000 rapaces e rapazas de entre 4 e 18 anos. Na actualidade, desenvolve nesta mesma cidade 4 obradoiros denominados ARTEXOGA, que teñen como finalidade crear un espazo de socialización en galego para os 80 nenos e nenas participantes. Por outra banda, nos anos 2002 e 2003 creou e puxo en escena o espectáculo da Cerimonia de Apertura da Feira Franca de Pontevedra e no ano 2004, o espectáculo ao aire libre Os Irmandiños no que participaron 40 persoas. Tamén realiza visitas culturais teatralizadas no Museo de Pontevedra e polo Centro Histórico de Pontevedra coa creación de varios espectáculos: “A Boa Vila dende o Camiño Xacobeo” e “Paseo máxico pola Boa Vila”. Coordina desde 2008 a páxina Orella pendella http://orellapendella.gal/ e no ano 2021 realizou 25 programas da serie audiovisual Brincadeiras da lingua, para fomentar a práctica da lingua mediante os ditos infantís tradicionais. Para máis información, consultar: https://migallas.gal/

  • Sinopsis do espectaculo:

    Espectáculo onde se combina a narración oral, a música e o teatro co obxectivo principal de animar os rapaces e rapazas e as familias en xeral a gozar da lectura e a convertela nun hábito. Ademais, trátanse temas como as emocións; as relacións familiares; o compañeirismo; o consumismo; a importancia da imaxinación etc. Cóntase a historia de Rosiña, unha nena que ten que quedar soa na casa facendo os deberes por culpa dun imprevisto que lles xurdiu aos pais. Como as tarefas lle resultan aburridas, decide investigar nun baúl onde os pais gardaron moitas cousas para que non se manchasen coa pintura, pois están a pintar a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro. Máis tarde, as nenas e nenos atoparán unha lámpada marabillosa onde habita un xenio moi especial; axudarán a un can abandonado a solucionar os seus problemas e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas. Finalmente, coa canción “O libro máxico”, resumo de todas as historias, celebrarán tantas emocións vividas.

  • Caché con IVE : 850 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1000 €

  • Técnica