#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuito de apoyo a la programación de artes escénicas en gallego

Catálogo de Espectaculos

OS NÁUFRAGOS TEATRO: COMENOITES

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirigido a : infantil a partir de 2 anos

  • Duración del espectaculo: 40 minutos

  • Persona representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Página web del grupo : https://urdime.gal/familiar/Os%20N%C3%A1ufragos/

  • Sinopsis de la compañia :

    Os náufragos teatro é unha compañía de teatro galega creada polo actor e dramaturgo Gustavo del Río. A súa produción teatral vertébrase arredor de dous grandes eixos fundamentais, a achega ao público de temáticas sociais e a procura de novas linguaxes narrativas. A diversidade é unha das preocupacións clave desta compañía que aposta por montaxes para o público adulto e para o público familiar. Os náufragos teatro foi galardoado co premio María Casares ao mellor espectáculo infantil por Hugo, unha peza sobre a empatía e o valor da diferenza que fala do trastorno do espectro autista (TEA) e que está en plena xira por Galicia e o resto do Estado. A compañía foi ademais finalistas nos Premios Florencio 2022, os galardóns que outorga a Asociación de Críticos Teatrais de Uruguai, na categoría de mellor peza estranxeira por Karelu, unha peza que aborda o maltrato infantil. En xaneiro de 2022 a peza estivo programada no Espacio Teatro de Montevideo co apoio dos Fondo Xacobeo 21-22. Os náufragos teatro é unha das compañías con maior proxección nacional e internacional.

  • Sinopsis del espectaculo:

    Comenoites  está baseado no álbum infantil escrito e ilustrado por Ana Juan (Premio Nacional de Ilustración). Unha bonita historia coa que os menos e as nenas descubrirán o segredo de por que existen o día e a noite. Comenoites é un trasgo regordete que come todo tipo de noites para que o Sol poida saír cada día, traendo luz, calor e cor para todos. Unha noite a súa amiga a Lúa coméntalle que se está a poñer gordinflón e Comenoites deixa de comer. ¡ Nunca volverá a saír o Sol!  Tan só unha estrela pode abrirlle novamente o apetito. ¿Ti tes unha estrela? ¿Volverá a saír o Sol? 

  • Caché con IVA : 1400 €

  • Caché + producción técnica con IVA : 1605 €

  • Técnica