#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

GALEATRO: Wombo Combo

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: infantil a partir de 5 anos

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/espectaculos/Wombo%20Combo/

  • Sinopsis da compañia :

    Galeatro é a primeira compañía de teatro profesional de Carballo. Fundada polos actores Tone Martínez e Alba Bermúdez, ten percorrido gran parte dos centros educativos de Galicia cos seus espectaáculos didácticos De Leria con Castelao, O Contador de Contos, Contos no Faiado e O Xogo das Letras. No 2017 coproduce xunto co FIOT o seu primeiro espectáculo de gran formato Muiñada. A súa vertente artística hai que lle engadir a súa labor de formación teatral, que no último ano chegou a máis de 200 alumnas e alumnos. Galeatro nace coa intención de achegar as artes escénicas a un público familiar, contando, para isto, con dramaturgas galegas vivas. Así, o seu primeiro espectáculo de gran formato, Muiñada, foi escrito por Ana Carreira e a súa segunda montaxe Carabela, por Paula Carballeira. No presente a compañía atópase presentando o seu novo espectáculo wombo combo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Wombo Combo reflexiona sobre as vidas virtuais e a soidade na adolescencia. A súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para Galeatro. A peza foi finalista a mellor proposta para público familiar nos Premios María Casares deste 2023.Conta na dirección con Davide González Dramaturxia: Paula Carballeira Elenco: Alba Bermúdez, Tone Martínez e Mario Rodriguez Espazo Sonoro e música: Davide González e Martín Rodríguez Espazo escénico e vestiario: Anahí Taraburelli e Yanina Torres

  • Caché con IVE : 1965 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2300 €

  • Técnica