#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Xarope Tulú: Vicio houbo sempre

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 50 min.

  • Persoa representante : URDIME, S.coop.galega

  • Datos de contacto : 619 920 335 - comunicacion@urdime.net

  • Páxina web do grupo : https://urdime.gal/adulto/Atenea%20Garc%C3%ADa/

  • Sinopsis da compañia :

    Xarope Tulú é unha compañía de teatro fundada no ano 2015 por Atenea García e Nicolás Zamorano e adicada ás artes escénicas para cativos e cativas. Estrean a súa primeira peza A miña primeira viaxe na Coruña, en febreiro de 2015. Este proxecto ten como principal obxectivo achegar o teatro ás crianzas. Este colectivo considera que a experiencia escénica permite medrar dun xeito libre e creativo, favorece o descubrimento doutros mundos posibles e provoca a creación dun espazo para a reflexión. As artes escénicas son, en definitiva, unha marabillosa escola para a vida. Á hora da creación e composición dos seus espectáculos a compañía tenta achegar entre si as diferentes linguaxes escénicas: o teatro de obxectos, a música, a interpretación teatral e a narración oral entre outras, procurando non aferrarse a un único estilo interpretativo.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Atenea García é actriz, creadora escénica e narradora oral, titulada en Arte Dramática pola ESAD de Galicia. Funda, xunto ao músico e escenógrafo Nicolás Zamorano, a compañía Xarope Tulú, dedicada ao público infantil e xuvenil. Comeza a súa andaina como narradora oral no ano 2016 e na actualidade conta con catro espectáculos en repertorio para público familiar. En decembro de 2022 estrea o seu primeiro espectáculo de narración para público adulto: Vicio Houbo Sempre. Atenea traballa ademais como intérprete para outras profesionais formando parte da montaxe do Centro Dramático Galego: Neorretranca e posmorriña ou do espectáculo Mai Mai, da compañía Baobab Teatro. Recentemente creou o Colectivo Barriga e Muleta xunto ao bailarín Diego M. Buceta co que veñen de botar a andar o proxecto Cantade todas a eito.

  • Caché con IVE : 500 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 940 €

  • Técnica