#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Malasombra: TESTOSTERONA

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto

  • Duración do espectaculo: 70 minutos

  • Persoa representante : Xoque Carbajal

  • Datos de contacto : 696 462 929 - xoquecarbajal@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://malasombra.gal

  • Sinopsis da compañia :

    A compañía MALASOMBRA é unha empresa de produción e distribución de espectáculos profesionais de teatro en lingua galega dende o ano 2006. Nos últimos 10 anos posiciónase como unha das compañías con maior número de representacións en Galicia.

  • Sinopsis do espectaculo:

    O director dun importante medio de comunicación debe deixar o seu posto en mans dun dos seus dous sub-directores. Un é muller, home o outro. Que influirá nesa decisión?: a capacidade?, o sexo?, a experiencia?, a audacia?, o engano?, a trampa?.. SOBRE TESTOSTERONA: parece unha fábula contemporánea na que son posibles múltiples lecturas; pero na que unha sobresae: a idea de que a muller se conforma con alcanzar as cotas de poder que o sistema –creado por homes- estableceu. Iso apréciase nas reivindicacións que as mulleres fan (aínda hai poucas directoras, poucas executivas, poucas catedráticas) e así os mecanismos de corrupción instalados nas estruturas de poder perpetúanse. A obra invita a múltiples reflexións: en que consiste a erótica do poder? As mulleres en cargos directivos poden establecer un novo modelo de relación menos paternalista, máis colaborativo ou son simplemente mulleres con modos masculinos de funcionamento? Ten que ver o xénero co exercicio do poder? Existe unha ética alternativa á hetero-patriarcal capitalista ou a única saída é a completa deconstrución das relacións laborais (e sociais e persoais)?

  • Caché con IVE : 3388 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3872 €

  • Técnica