#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

PISCORE: MOLTO BARROCO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: todos os públicos

  • Duración do espectaculo: 60 minutos

  • Persoa representante : ARTEFEITO PRODUCIONS S. COOP. GALEGA

  • Datos de contacto : 622 434 488 - artefeito@artefeito.gal

  • Páxina web do grupo : https://www.culturactiva.org/gl/espectaculo/molto-barroco

  • Sinopsis da compañia :

    Premio do Público no Festiclown 2017, Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Esta compañía naceu na primavera do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa "Esther Píscore", trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Molto Barroco é, antes que nada, unha reivindicación das composicións musicais barrocas desde o teatro. Píscore Teatro ofrece a posibilidade de desfrutar, desde o teatro e o humor, da música da época barroca. Con motivo do baile de petición de man da súa prometida, o Rei encarga ao Compositor da corte unha peza orixinal. Esta solicitude desencadea unha serie de escenas cómicas entre o Compositor e os seus tres músicos de cámara nas que teñen cabida todo tipo de gags, rutinas cómicas e musicais, bailes e ata xogos malabares.

  • Caché con IVE : 2420 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2783 €

  • Técnica