#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

MAGO TETO: ROCK AND MAGIC

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: FAMILIAR

  • Duración do espectaculo: 70 MIN

  • Persoa representante : MAGO TETO

  • Datos de contacto : 607 384 027 - maxia@magoteto.com

  • Páxina web do grupo : WWW.MAGOTETO.COM

  • Sinopsis da compañia :

    MAGO TETO Viana do Bolo (1977) O Mago Teto é un dos magos máis veteranos e relevantes de Galicia a pesar da súa xuventude.Habitual na Televisión desde os seus inicios, goza de gran popularidade e recoñecemento. Ademais, falamos dun mago con espectáculos de rúa (como “O Afilador”) ou de gran formato ( “A Maxia da Santa Compaña”, "Ultreia" e "Alquimia") e todoterreos como os seus clásicos " Tolemaxias" e " Pequenas grandes maxias" . Organizador de festivales de maxia en diversas partes de España . Teto é un dos perfís máis completos e orixinais da maxia polo seu humor, personalidade e nivel técnico. ESPECTÁCULOS PRODUCIDOS 1998 A Maxia dos Soños 2003 Tolemaxias 2006 Perto de Ti 2009 A Maxia da Santa Compaña Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, Maria Roja, Darío Loureiro, Aitor Rei,Jorge Prieto. Banda en directo: Vadzim Yukhnevich, Harry Price, carlos Freire,Iago Rodríguez 2010 O Afiador (espectáculo de rúa ) 2012 Novas Tolemaxias 2013 Os anos 80 vistos polo mago Teto Dirixido por Jose Prieto Elenco: Hector Guerra, María Roja, Jorge Prieto. Música en directo: Gonzalo Alonso, Beni Gago, Jesús Tejada 2014 A Feira máxica do Mago Teto 2016 25 anos de Tolemaxias 2016 “Íntimo” (A viaxe da miña vida) Dirixido por Eduardo Alonso Elenco: Hector Guerra e Jorge Prieto. 2018 Alquimia Dirixido por Héctor Guerra coa colaboración de Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra Bailarinas: Lupe Carballo e Xiana Vilas 2020 O camiño do Afiador 2020 Pequenas Grandes Maxias 2021 Ultreia "Ao final do camiño estás ti" Dirixido por Jose Luis Prieto Roca Elenco: Hector Guerra, María Roja, Xiana Vilas,Lupe Carballo,Iván Benjamín Alonso Composición e arranxos musicais: Andrés Álvarez Música en directo: Banda de Música Municipal de Silleda. 2021 As nosas Letras 2023 Rock ´n´Magic Dirixido por Fran Rei Elenco: Hector Guerra Música en directo: Mon Orencio, Fer Risco.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construir un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock and roll. Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñacion e pequnas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock. Led Zeppelin, Bob Dylan,Los Suaves e infinidade de rock stars están presentes neste espectáculo a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial Mago Teto. Unha gran posta en escena, unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia son os elementos que fan de Rock and Magic un espectáculo único, posiblemente a experiencia teatral máis parecida a un concerto de rock.

  • Caché con IVE : 2500 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 3000 €

  • Técnica