#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

NegroLópez: #Influencers

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adulto (+13)

  • Duración do espectaculo: 50min

  • Persoa representante : Iván Davila

  • Datos de contacto : 628 789 623 - somosnegrolopez@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://drive.google.com/file/d/1FTcWKrsw--UoTvqI1TwNrXd4bqMoewnB/view?usp=drive_link

  • Sinopsis da compañia :

    NegroLópez é unha compañía formada por Iván Davila (actor e clown) e Brais Iriarte (actor e músico). Poñendo en común as nosas inquedanzas, buscamos unha linguaxe común que fale da nosa realidade social e cultural. Sempre tendo en conta ao público ao que nos diriximos, utilizamos o humor como medio de expresión. Comezamos a nosa andaina dispostos a dalo todo por sorprender e entreter, valéndonos da crítica social e do humor absurdo, ferramentas indispensables para espertar conciencias e rirnos das nosas miserias.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Espectáculo teatral que ofrece unha mirada cómica e reflexiva sobre a cultura que arrodea a creación de contido nas RRSS, tomándoa como un espello no que se reflicte a sociedade contemporánea. Ao fin e ao cabo, detrás dese mundo cheo de filtros, luces de cores e plástico, están milleiros de persoas que senten os mesmos problemas que o resto: precariedade, soidade ou mesmo dificultade para conciliar a vida profesional e familiar. Deste xeito, convidamos ao público a cuestionar a súa relación co mundo dixital, tratando temas como o impacto das RRSS na construción da identidade, a necesidade de conseguir a aceptación social ou a alteración da nosa percepción da realidade.

  • Caché con IVE : 2500 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2900 €

  • Técnica