#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

Redrum Teatro: #2Pilgrims

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: Adolescente

  • Duración do espectaculo: 70

  • Persoa representante : Redrum Teatro

  • Datos de contacto : 617 334 627 - redrumteatro@gmail.com

  • Páxina web do grupo : https://www.redrumteatro.com/espectaculo/2-pilgrims/

  • Sinopsis da compañia :

    Redrum Teatro somos unha empresa cultural adicada á produción e distribución de espectáculos teatrais e á edición de libros infantís constituída no ano 2009. Desde a nosa fundación apostamos pola produción de espectáculos de diferentes formatos, sempre cun coidado valor estético e artístico como marca persoal da compañía e coa clara vontade de fomentar o entretemento e a cultura en galego.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Lembrades a Sheyla Fariña e a Guillermo Carbajo? Probablemente non. Pero nalgún momento das súas vidas foron persoas recoñecidas polos seus traballos na televisión. Ela protagonizou a serie Acacias 38, e el foi o neno de Pratos Combinados. Agora as súas carreiras están acabadas. Vivimos nun mundo caótico e imprevisible pero grazas a globalización, ás redes sociais, a Netflix e a un ditador psicópata, quizáis lles quede unha última oportunidade que retornar a ese firmamento de estrelas da TVG. O Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais do proxecto #2Pilgrims, unha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional. Tralo éxito acadado co noso espectáculo “Invisibles”, para público adulto, pensamos que sería preciso achegar unha proposta similar enfocada ao público adolescente co fin de concienciar, educar en igualdade e inculcar valores que preveñan a violencia de xénero. Neste novo espectáculo de Redrum Teatro viaxaremos a través da auto-ficción polo Camiño de Santiago tocando temas como o feminismo, as novas masculinidades ou a importancia actual das redes sociais.

  • Caché con IVE : 2662 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 2662 €

  • Técnica