#CULTURA

+ESCÉNICAS

Circuíto de apoio á programación de artes escénicas en galego

Catálogo de Espectaculos

TALÍA TEATRO: DESEXO

  • Categoría: +TEATRO

  • Dirixido a: xuvenil, adultos

  • Duración do espectaculo: 65 minutos

  • Persoa representante :

  • Datos de contacto : 630 877 153 - info@taliateatro.gal

  • Páxina web do grupo : https://taliateatro.gal/gl/espectaculos/desexo

  • Sinopsis da compañia :

    Talía Teatro é unha compañía creada en 1988 cun selo propio e orixinal. Os nosos espectáculos son unha marca con denominación de orixe que definen un estilo e unha forma de facer teatro.Hoxe, témonos consolidado como unha das compañías galegas de con máis capacidade de produción e distribución.Desde os nosos inicios, perseguimos a dignificación do teatro e das artes escénicas como transmisores dos valores culturais do país. Vimos de recibir 7 galardóns nos Premios María Casares co espectáculo UNHA INIMIGA DO POBO.

  • Sinopsis do espectaculo:

    Como foi a nosa educación sexual? Estamos preparados para ter unha sexualidade sa? Sabemos como afrontar as nosas relacións? Somos capaces de educar ás próximas xeracións? Onde aprendemos o que sabemos sobre sexo? Na pornografía? Nas redes sociais? E que consecuencias ten formarse así? Intentemos fixarnos nas publicacións, na música, na publicidade... Vivimos na sociedade do desexo, a máis sexualizada da historia, pero na que todas estas cuestións seguen a seren tabú. deseXo é un xoguete cómico que aborda todo isto, porque xa vai sendo hora de falar claramente sobre sexo.

  • Caché con IVE : 1990 €

  • Caché + produción técnica con IVE : 1990 €

  • Técnica