Axenda de actividades provinciais
Exposición de Carmen Dominguez. Cor, sempre cor
Desde
2023-05-11 00:00:00.0
ata
2023-07-03 23:59:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Esta exposición reúne 26 pinturas saídas do estudio de Carmen Domínguez. A artista pontevedresa, falecida en abril de 2021, explorou de maneira apaixonada a expresividade da forma e a cor. O comisario da mostra e fillo da pintora, o artista Kike Ortega, destaca: “A súa pintura pasou por distintas fases e tendencias estéticas —desde a primeira figuración ata a abstracción— co fin expreso de buscar unha linguaxe plástica acorde co seu vehemente desexo de expresarse a través da forma e da cor… a cor, sempre a cor como soberano absoluto”.
Información
Comisario: Kike Ortega
De martes a sábados: de 10 a 21 h
Domingos e festivos: de 11 a 14h