AUPO 2030

Concurso Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana

Plan de acción da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra


O concurso invita a trasladar, mediante a gamificación, os obxectivos, as liñas de actuación e a acción da Axenda Urbana cunha actividade atractiva, divertida e sinxela.

Cada grupo terá acceso a unha batería de dez preguntas:

  • Por cada pregunta, o alumnado visualizará unha diapositiva con contido relacionado coa Axenda Urbana (unha por cada un dos dez obxectivos da axenda).
  • A continuación, terá 60 segundos para responder a cada unha das preguntas relacionadas co contido visualizado; daranse catro opcións de resposta ou ben verdadeiro/falso.
  • A puntuación aumenta en función das respostas acertadas no menor tempo posible.

Categorías

  • Grupal, a través do centro educativo
  • Alumnado de 1.º e 2. º da ESO (unha solicitude por aula)

Como participar

A Deputación poñerá á disposición das persoas participantes un formulario na súa páxina web (www.depo.gal) para que estas realicen a solicitude e no que deberán sinalar o alias que empregarán no desafío. A participación realizarase a través dos centros educativos de secundaria por curso e aula. Deberán indicarse a aula específica que participa e o persoal docente a cargo dela.

Unha vez rexistrada a solicitude, segundo os prazos marcados na convocatoria, proporcionarase unha ligazón co pin de acceso ao Challenge Kahoot! e, logo de rexistrarse de forma gratuíta, poderán responder ás dez preguntas propostas.

Cómpre que o grupo participante quede correctamente identificado co seu alias no rexistro para poder ter en conta a súa participación.

As solicitudes de participación poderán presentarse ata o 11 de xuño de 2024. O prazo para acceder e contestar ás preguntas propostas remata o 21 de xuño de 2024.

Criterios de valoración

A valoración basearase na puntuación obtida por cada equipo, que aumenta en función das respostas acertadas no menor tempo posible.

Premios

  • Primeiro premio: 150,00 € en material escolar
  • Segundo premio: 100,00 € en material escolar

Formulario de solicitude de participación no concurso Challenge Kahoot!: Coñece a Axenda Urbana