AUPO 2030

Concurso Deseña a Túa Provincia con Minecraft

Plan de acción da Axenda Urbana e Rural de Pontevedra


O concurso invita a desenvolver calquera tipo de deseño de cidade, vila, aldea, espazo público ou construción dentro do modo creativo de Minecraft que estea relacionado coa AUPO2030 e cun ou varios dos seus obxectivos clave:

  • Coñece, goza e axuda a túa localidade ou cidade: E ti, que espazos poderías mellorar nelas?
  • O cambio climático parámolo xuntas e xuntos. E ti, que podes facer para coidar o clima?
  • Reciclo “por min e por todas e todos os meus compañeiros”. E ti, que podes facer para respectar os tres erres (reducir, reutilizar e reciclar)?
  • Unha cidade é intelixente cando a súa poboación o é: Coñeces os beneficios dunha cidade intelixente?
  • Se o planificamos xuntas e xuntos, sairanos mellor: Como podes coidar máis a túa vila ou cidade?

Para o deseño poderá empregarse calquera material que permita o xogo oficial Minecraft no modo creativo ou na plataforma de código aberto Minetest, de similares prestacións.

Categorias

  • Individual, a través do centro educativo
  • Alumnado de 3.º e 4.ª da ESO e de 1.º e 2.º de bacharelato ou de FP básica ou grao medio

Como participar

Participarase a través dos centros educativos. Deberá indicarse o nome da persoa participante, o curso, os datos identificativos do centro e o persoal docente a cargo da presentación.

A Deputación de Pontevedra poñerá á disposición das persoas participantes un formulario na súa páxina web (www.depo.gal) para realizar a solicitude. Unha vez verificados os requisitos de participación facilitarase un correo electrónico para achegar as evidencias do deseño Minecraft realizado, e máis concretamente:

  • Imaxes, en formato PNG ou JPG, do deseño realizado. Poderán ser capturas de pantallas do deseño ou fotografías (máximo de cinco imaxes).
  • Unha breve descrición do deseño (máximo dunha páxina), onde se detallen o contido e o obxectivo ou obxectivos da AUPO2030 nos que se enmarca.

Poderanse presentar as solicitudes de participación ata o 21 de xuño de 2024. A información e documentación requirida deberase presentar no correo electrónico que se facilitará unha vez verificado o cumprimento dos requisitos esixidos e no prazo indicado neste

Criterios de valoración

  • Adecuación ao obxectivo seleccionado da AUPO2030: 2 puntos.
  • Execución: 25 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Orixinalidade: 20 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Detalles: 25 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.
  • Viabilidade: 30 % da puntuación, ata un máximo de 2 puntos.

Premios

  • Primeiro premio: 100,00 €
  • Segundo premio: 75,00 €
  • Terceiro premio: 50,00 €
  • Cuarto premio: 25,00 €

Formulario de solicitude de participación no concurso Deseña a Túa Provincia con Minecraft