O vicepresidente da Deputación asiste ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional do Teucro

18/09/2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe ao acto de presentación do equipo de 1ª División Nacional Masculina da SD Teucro, no que se deu a coñecer o cadro de xogadores e o corpo técnico para a presente temporada, na que o club celebra o seu 80 aniversario. O vicepresidente provincial aproveitou a ocasión para desexarlles sorte nesta nova campaña, da que disputarán o seu primeiro encontro este sábado 21 de setembro. “Non hai dúbida da importancia do Teucro para esta cidade e para toda a provincia – asegurou Rafa Domínguez-. Somos unha provincia de deporte, unha área prioritaria para a Deputación, e unha provincia cunha longa tradición de balonmán”.

Galerias de imagenes